Expourense acollerá en maio o I Mercado Transfronteirizo, Feira da Agricultura e Alimentación


Expourense conta cun stand promocional na Feria Internacional de Agricultura, Gando e Alimentación (Agro), que se celebra dende onte e ata o vindeiro domingo na localidade portuguesa de Braga, no que está dando a coñecer algúns dos certames e salóns que organiza, un deles novidoso como é o caso do I Mercado Transfronteirizo, Feira da Agricultura e Alimentación, que se celebrará do 6 ao 7 de maio no recinto feiral da Cidade das Burgas.

Ademáis foron presentadas outras feiras como Ourense Vinis Terrae, X Salón do Viño e Licores Galegos de Ourense (5 e 6 de xuño); Termatalia Uruguay, 21ª Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar (4 a 6 de outubro de 2023) e Xantar, 24º Salón Internacional de Turismo Gastronómico (2 a 5 de novembro de 2023).