En marcha un operativo de limpeza de espazos turísticos en Sanxenxo

O Concello de Sanxenxo iniciará a próxima semana un operativo de limpeza en rúas, prazas, beirarrúas e outros espazos públicos empedrados. A concesionaria do servizo, Ascan, encargarase de realizar os traballos que se concentrarán nos centros urbanos de Sanxenxo, Portonovo, Vilalonga e A Revolta durante un prazo estimado dun mes. O obxectivo é a posta a punto do municipio de cara a Semana Santa.

En Sanxenxo as tarefas de limpeza centraranse na Rúa de Madrid, Constitución, Cesteiros, Viña da Fonte, Augusto González Besada, San Isidro, Praza de Portugal, Paseo de Silgar, Rúa Vidal Rocha, Rúa Ourense e Rúa dos Quinteiros.