A feligresía de Sao Pedro da Torre, no municipio miñoto de Valença do Minho, foi escenario ao longo desde fin de semana do Festival Gastronómico Novos Sobares da Lampreia, "tudo um sucesso", segundo a organización, moi concurrido e con moita presencia na televisión e na prensa portuguesa.
Na foto, Joao Guterres, de Aromas do Vinho, expoñendo nun stand do festival os seus licores. Guterres é un experto na elaboración da lamprea, autor, entre outras publicacións, de "Peixes do río Minho, Receitas com Historia".