Celanova "Acouga"

 

O municipio de Celanova, en Ourense, conta cun novo establecemento hostaleiro, o Hotel Boutique Acouga. As instalacións foron inauguradas onte nun acto ao que asistiron autoridades municipais, provinciais e autonómicas.

Ubicado nun edificio cuxo baixo estivo ocupado no seu día por unha sucursal do Banco Pastor, o hotel conta con modernas instalacións e está emprazado no número 6 da rúa Emilia Pardo Bazán.