Candidatura de Ourense para potenciar as vilas termais e os cascos históricos da provincia con fondos europeos

 

A Deputación de Ourense prepara unha candidatura para presentar á convocatoria extraordinaria dos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD) -financiada con fondos Next Generation-, cun proxecto específico destinado ás vilas termais e concellos con cascos antigos declarados Conxunto Histórico-Artístico, alineado co plan territorial da comunidade autónoma galega.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, acompañado pola xerente do Inorde, Emma González, presidiu no Centro Cultural Marcos Valcárcel unha reunión con representantes dos municipios implicados neste novo proxecto. Como vilas termais forman parte da área de intervención do proxecto Arnoia, Boborás, Cenlle, Cortegada, Leiro, O Carballiño, Ribadavia, Bande, Lobios, Muíños, Baños de Molgas, Monterrei, Verín, Punxín e Castrelo de Miño. E, como concello con cascos históricos, Castro Caldelas e Allariz, ademais dos xa mencionados Ribadavia e Boborás -Pazos de Arenteiro-.