Baltar destaca a aposta da Deputación de Ourense polo termalismo



O presidente da Deputación, Manuel Baltar, foi convidado a participar esta mañá na presentación, en Sâo Pedro de Sul, da Agenda para a Valorização dos Territórios Termais para a Região Centro 2030, un documento impulsado pola Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Centro (CCDRC) que establece a ambición e afirmación desa rexión portuguesa como líder luso na innovación e sustentabilidade do recurso da auga mineral natural, centrándose na competitividade, na atracción e fixación no territorio de poboación cualificada, e a promoción do benestar e de estilos de vida saudables.

Na presentación da Agenda para a Valorização dos Territórios Termais para a Região Centro 2030 t, celebrada no auditorio do balneario Rainha Dona Amélia, tamén participaron autoridades lusas como a Secretaria de Estado de Desenvolvemento Rexional, Isabel Ferreira; a presidenta da CCDR, Isabel Damasceno, e presidentes das cámaras municipais e asociacións termais da rexión.