A rapazada de entre 4 e 10 anos de Pontevedra ten esta fin de semana máis unha nova cita no Mercado de Abastos, onde desenvolverá outra quenda de talleres do programa de lecer infantil O Ganapán, a iniciativa impulsada pola Concellería de Promoción Económica, que dirixe Yoya Blanco. Nesta ocasión, serán as tradicionáis maruxas de nata, xunto cuns ramos de flores primaverais, os que dean a benvida á primavera na primeira xornada de actividades que se celebrará o sábado 25 de marzo. Para a do domingo 26 están previstos uns talleres de elaboración de galletas red velvet e de confección duns superheroes e superheroínas de pau para encandilar aos nenos e nenas.