As equipas interncionais que aspiran a rehabilitar o convento pontevedrés de Santa Clara comezan os traballos de campo

 

Representantes das cinco firmas internacionais de arquitectura que aspiran a rehabilitar Santa Clara (Nieto Sobejano, Kengo Kuma, a UTE David Chipperfield-Carlos Seoane, Kaan, e a UTE Snohetta-Alfonso Penela) visitaron onte as instalacións do convento para iniciar o traballo de campo a partir do que deseñarán anteproxecto para recuperar o conxunto relixioso e transformalo en museo.

Trátase da primeira das visitas que poderán facer as equipas co fin de recoller toda a información posible para realizar cadanseu deseño, que deberán entregar antes do mes de xuño co fin de que o xurado escolla a mellor proposta. Segundo o vicepresidente  César Mosquera, o obxectivo é que o conxunto de Santa Clara se converta no “estandarte do Museo de Pontevedra” integrándose na cidade e dando, á vez, resposta ás necesidades museísticas da institución.