Aprobado o Plan Director dos Camiños de Santiago para guiar as actuacións nas rutas Xacobeas ata o próximo Ano Santo
O Consello da Xunta aprobou onte o Plan director dos Camiños de Santiago 2022-2027 que guiarás as actuación nas rutas Xacobeas ata o vindeiro Ano Santo. Este plan marcará as directrices para a conservación do Camiño de Santiago, dende melloras no trazado, sinalética, conservación e acollida ata os aspectos relativos ao seu estudo como fenómeno de carácter único e singular. Duplica o orzamento con respecto ao anterior acadando os 141,4 M€.
O plan nace coa finalidade de establecer as medidas precisas para dar resposta aos retos que afronta a ruta xacobea no horizonte dos próximos cinco anos, co obxectivo de darlle resposta a estes retos a través de distintas propostas de actuación que se levarán a cabo no Camiño, no marco dunha aposta pola preservación do seus valores e pola busca da excelencia, sempre baixo criterios de sustentabilidade, accesibilidade e universalidade que definen o propio fenómeno da peregrinación a Santiago de Compostela. Traza os obxectivos de traballo cara á celebración do vindeiro Ano Santo, en 2027, fixando as liñas estratéxicas co obxectivo de preparar Galicia para o seguinte Ano Santo