Novos presidentes para Ribeira Sacra, Monterrei e Pataca de Galicia


O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, presidiu hoxe a constitución do novo pleno do consello regulador da denominación de orixe (DO) Ribeira Sacra, no marco das renovacións dos órganos de goberno de 15 consellos reguladores do ámbito agroalimentario. Tras a toma de posesión os vogais aprobaron que a presidencia do consello regulador a asuma Antonio Lombardía Crespo (na foto), que relava deste xeito a José Manuel Rodríguez, quen pilotou a nave durante 30 anos, dende o comezo da singladura.

Tamén quedou constituido o pleno do consello regulador de Agricultura Ecolóxica (CRAEGA) que reelixeu na presidencia a Francisco López Valladares, quen repite no cargo. A D.O. Monterrei, pola súa banda, ten novo presidente do consello regulador ao ser elexido Jonatás Gago García, que releva a Lara Da Silva;  e tamén estrea presidente a IXP Pataca de Galicia ao ser nomeado José Manuel Gómez Gómez.