Análise da pegada histórica da Vía da Plata no documental "O Camiño Mozárabe. Sangue, suor e fe"

 

O Teatro Principal de Ourense acolleu onte pola tarde a presentación de "O Camiño Mozárabe. Sangue, suor e fe", un documental con guión do xuíz ourensán José Antonio Vázquez Taín e producido por Amarola co apoio da Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia.

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, interveu na presentación de "O Camiño Mozárabe. Sangue, suor e fe" xunto ao delegado da Xunta de Galicia, Gabriel Alén, e o propio impulsor dun documental que resume un proxecto con máis de dous anos de investigación, sendo deseñado para poñer o foco de atención do público no Camiño Mozárabe e pondo en valor a súa fonda pegada histórica.