A praza de abastos de Compostela, "máis viva"

 

O alcalde de Santiago, Sánchez Bugallo, destacou o avance en materia de servizos e conectividade no Casco Histórico durante os últimos anos: "ampliouse a rede de fibra óptica, creouse a oficina de urbanismo na Casa Elisa e Jimena, abriuse o Centro Sociocultural Maruxa e Coralia e avanzouse na peatonalización da zona con Mazarelos como gran cambio" destacou Sánchez Bugallo.

Definiuse a obra do mercado como "necesaria, dialogada e traballada para contribuír a que sexa cada vez máis un espazo vivo e de comunidade". Así cualifica o concelleiro de Obras a intervención prevista para a posta a punto da Praza de Abastos, logo de reunirse coa cooperativa e coa Asociación de Usuarios de Casillas (Asuca) que ven "con moi bos ollos a actuación prevista". Gonzalo Muíños destacou ademais que, con esta reforma "non só se mellora a funcionalidade da praza" para "adaptala o máis posible a praceiros e clientela"; senón que ademais busca "facela máis atractiva do que xa é agora".


A intervención contempla a substitución as marquesiñas, os estores verticais e as portas corredizas das naves. Tamén a renovación da instalación eléctrica da torre e actuacións de fontanería para emendar incidencias recorrentes no baño adaptado.