A Coruña conmemorará este sábado o Día Europeo da Artesanía con máis dunha decena de obradoiros de oficios tradicionais

 

O Concello da Coruña conmemorará este próximo sábado, 1 de abril, o Día Europeo da Artesanía promovendo e organizando máis dunha decena de obradoiros sobre oficios tradicionais, englobados baixo a denominación de Oficios en Acción.

As actividades, que se desenvolverán no Ágora, están organizadas en colaboración coa Asociación Galega de Artesáns. Oficios en Acción enmárcase dentro dos Días Europeos da Artesanía, unha iniciativa que se repite a nivel europeo desde o ano 2002, e na que este ano haberá actividades en doce paises distintos. Os Días Europeos da Artesanía en España están promovidos por Fundesarte e Oficioyarte OAE, organización na que a Asociación Galega de Artesáns está integrada e participa na súa dirección. Tamén en colaboración coa Fundación Pública Artesanía de Galicia que participa na promoción e organización de eventos relacionados na nosa comunidade autónoma.