200.000 euros en axudas para actividades das organizacións profesionais agrarias e labregas da Coruña

 

A Deputación da Coruña, a través do Servizo de Promoción Económica, destina 200.000 euros a axudas dirixidas a organizacións profesionais agrarias e labregas (OPAS) da Provincia da Coruña para actividades durante o ano 2023.

A convocatoria deste programa de subvencións, que poden solicitarse ata o 31 de marzo, xa saíu publicada no boletín da provincia da Coruña.

Segundo explicou o deputado responsable da área de Promoción Económica, Blas García, o obxectivo desta convocatoria é subvencionar accións destinadas a fomentar a participación dos sectores da agricultura e da gandería en actividades de democratización do agro mediante a mellora da súa calidade de vida a través da vertebración social e profesional do sector agrario, gandeiro e forestal, e o asesoramento e a prestación dos servizos precisos ás explotacións, co fin de mellorar as súas rendas e as súas condicións de traballo.