O Concello de Verín xa abriu o público a súa tenda oficial do Entroido situada na Praza García Barbón. Esta iniciativa ten como obxectivo recadar fondos para financiar devanditos festexos.
Na tenda, que abre en horario de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, veciños e visitantes poden adquirir sudadeiras, camisetas, bolsas, panos, bragas, cuncas, imáns, pins e chapas; todos eles, co emblema identificativo do Entroido de Verín 2023.