A concelleira de Acción Cultural de Santiago, Mercedes Rosón, presentou en rolda de prensa a publicación "Un paseo singular por Compostela", acompañada pola autora, Arantxa Fuentes Ríos, profesora da Facultade de Filoloxía da USC.
O libro, publicado en castelán e en galego e do que o Concello editou unha tirada de 1000 exemplares, recolle dous textos de Victoriano García Martí onde converte a Rosalía de Castro en guía turística da cidade de Santiago de Compostela. A guía inclúe unha breve biografía de García Martí e o trazado dos correspondentes roteiros pola Compostela monumental.