A IXP Mel de Galicia presentou unha peza audiovisual dirixida polo cineasta galego Oliver Laxe e protagonizada pola gañadora dun Goya á mellor actriz revelación Benedicta Sánchez.A presentación tivo lugarno Pazo de Quián, no concello de Boqueixón, sede da Agacal.
Trátase dunha peza enmarcada nas axudas para o apoio ás actividades de información e promoción realizadas por grupos de produtores no mercado interior do Programa de desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Deste xeito, búscase poñer en valor a IXP Mel de Galicia, un produto que compite a nivel internacional pola súa calidade.