O Obradoiro Hostaleria do Salnés conquista nesta XIV edición a 14 parellas cun novo formato. O Brunch, fusión entre o almorzo e o xantar con elaboracións tales como: tosta de salmón afumado con mango e fresa, ovos benedictine con aguacate e salsa holandesa e un sándwich de roast beef como pratos salgados. Para endulzar o padal a Torta Rede Velvet e torta Sacher, todo isto maridado con variedade de cócteles, limonada brasileira, Clover Club e Gin vermello.
Os seguidores das redes sociais do Obradoiro de emprego escolleron parte do menú, un cóctel e unha sobremesa, os favoritos: o cóctel Margarita de zarzamora e o brioche de chía, entre as diferentes elaboracións do alumnado traballador das especialidades de restaurante bar e cociña.
Os asistentes a esta xornada foron os gañadores de varios sorteos lanzados nas redes sociais do obradoiro e algúns colaboradores da escola. O obradoiro de emprego quixo agradecer a súa fidelidade e colaboración con esta invitación ás novas instalacións, sitas na rúa Ourense, 24 de Sanxenxo.