O Concello de Verín xa presentou o programa do Entroido 2023, que este ano recupera todo o seu esplendor con máis de 100 horas de música en directo e unha programación concibida para o desfrute de todos os públicos.
Un total de dezaseis actuacións de música itinerante, once orquestras e cinco disco móbiles marcarán o ritmo do entroido de Verín, que comeza o día 9 co xoves de compadres e termina o 21 de febreiro co martes de entroido. Así o confirmou Emilia Somoza quen destacou que «este ano, por fin podemos dicir que volve o noso Entroido con toda a súa pura esencia. Agora sí, este é o momento de que desfrutemos de novo, sen ningún tipo de restrición organizativa, do que consideramos que e a identidade propia da nosa celebración: o entroido popular na rúa».