O C.R.D.O. Ribeiro xunto co Centro Cultural Marcos Valcárcel, uníronse a favor da asociación sen ánimo de lucro AODEMPER, Asociación Ourensana de Esclerosis Múltiple, Párkinson y Enfermedades Raras, a través da oitava edición do ciclo “Cata a Arte”. Unha serie de catas benéficas que tiveron lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel durante os xoves do mes de novembro e cuxa recadación se dirixiu integramente aAODEMPER.
Fíxose entrega nun sinxelo acto á presidentada asociación, Susana Fernández López, da doazón do recadado (800,80€) durante as cinco catas celebradas a finais do ano pasado, onde os asistentes ofrecían un donativo. O evento tivo lugar esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense) e contouse coa presenza do presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Casares Gándara e o director do Centro Cultural, Francisco González Bouzán.