O Concello inicia a candidatura oficial das Cíes a Patrimonio da Humanidade

 

O rexedor de Vigo, Abel Caballero, avanzou a contratación da elaboración dun documento inicial para a presentación oficial da candidatura das Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade. "Todo sinala que o imos conseguir", asegurou Caballero, "pero tamén queremos facer un camiño útil, porque será tamén a promoción continua de Vigo a través da gran bandeira da candidatura de Cíes".