O Concello de Ferrol prioriza o sector hosteleiro nas bases das axudas para desenvolver actividades de dinamización e promoción económica
O Concello de Ferrol vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia (BOP) as bases reguladoras específicas para a subvención de actividades de dinamización e promoción económica do Concello de Ferrol 2023. Deste xeito, a Administración local apoia todas aquelas actividades e actuacións dirixidas á activación e promoción económica da cidade priorizando os sectores comerciais, hostaleiros, empresariais e os mercados así como as destinadas á innovación e promoción do sector empresarial, promoción da cultura emprendedora co fin de mellorar o posicionamento da cidade como referente emprendedor. O importe total ascende a 150.000 euros, cun importe máximo subvencionable de 20.000 euros por entidade socilitante.