O alcalde recibe un grupo da cidade francesa de Quimper, que visita Ourense para coñecer a festa do Entroido
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta onte pola mañá no Concello a un grupo de persoas procedentes de Quimper, cidade francesa irmandada con Ourense, que visitaban durante estes días Ourense para coñecer a tradicional festa do Entroido. Tamén participou na visita a concelleira de integración de persoas con discapacidade de Quimper, cidade que conta con 50 concelleiras e concelleiros.