Androlla, en Lugo, celebrou esta fin de semana a XXXII edición da Festa da Androlla, coa asistencia de centos de veciños e de visitantes ao Concello da Montaña. A celebración contou coa presenza de autoridades municipais e provinciais.
O presidente da Deputación, José Tomé, subliñou que esta emblemática cita gastronómica, que se celebra sempre coincidindo co domingo de Entroido, “supón un revulsivo económico para Navia de Suarna, e tamén contribúe a promocionar o concello e, polo tanto, a dinamizar a actividade turística, da hostalería e do comercio”. A institución provincial colabora co festexo, onde se puxeron á venda arredor de 4.000 quilos de androlla.
A androlla é un produto de primeira calidade, elaborado coas materias primas excepcionais que facilita o sector primario. Tomé Roca destacou que “gandeiros e produtores, sector primario e pemes, son un exemplo dese tecido produtivo para a pervivencia do noso rural”.