José Tomé: “A iniciativa que premia o Butelo de Ouro este ano é unha desas fermosas páxinas de convivencia e boa veciñanza que nos deixaron os tempos tan tristes da pandemia”
O Presidente participou co Alcalde na entrega do Butelo de Ouro, outorgado a 13 mulleres e un home que voluntariamente ofreceron o seu traballo para elaborar mascarillas durante a crise sanitaria. “As persoas máis excepcionais e con máis talento son eses veciños e veciñas que viven preto de nós”, subliñou o Presidente
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este domingo xunto ao Alcalde, Carlos López López, na entrega do Butelo de Ouro, que este ano recoñece a 13 mulleres e un home veciños do municipio que voluntariamente ofreceron o seu traballo para elaborar mascarillas durante os primeiros meses da crise sanitaria, chegando a facer 5.000.
José Tomé Roca valorou a importancia deste galardón, que “poucas veces se outorgou con tanto merecemento como nesta ocasión” porque “ás veces esquécesenos que as persoas máis excepcionais e con máis talento son eses veciños e veciñas que viven preto de nós”, sinalou.