Incremento das axudas para mellora nas infraestruturas turísticas de concellos de ata 10.000 habitantes
O Consello da Xunta aprobou onte o proxecto de acordo polo que se se establecen as
bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das
subvencións a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das
infraestruturas turísticas e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2023, que triplica o
orzamento con respecto ao ano pasado, pasando de 1 millón de euros a 3 millóns de
euros.
Estas axudas teñen como obxectivo principal fomentar a recuperación, a accesibilidade e
a sinalización dos recursos turísticos en concellos de ata 10.000 habitantes cara á
consolidación da oferta turística nas zonas rurais a través da posta en valor da súa
riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística.