Feiraco homenaxea ao entroido galego

 


A empresa galega láctea Feiraco, integrada na Cooperativa Rural Galega CLUN e con sede no concello coruñés de Ames, acaba de poñer en marcha unha iniciativa vencellada ao Entroido. Como xa vén sendo costume, a firma quere homenaxear un ano máis aos diferentes Entroidos que se celebran na nosa comunidade.

Co lema “Entroidos tan galegos coma nós”, as caixas de leite da empresa levan nestas datas unha imaxe moi particular, a de Entroidos singulares da nosa xeografía: o Folión de Manzaneda, os Xenerais do Ulla e o Entroido de Cobres. “Son tantos os `Entroidos´ que existen na nosa terra que quixemos facer unha representación de tres deles a través da visión de ilustradoras e ilustradores emerxentes galegos", sinalan.

Trátase sde Bernardo Paz (Ribeira, 1984), Sarai Lorenzo (Cangas, 1995) e Irene San Juan (A Coruña, 1981), que recrean, respectivamente o Folión de Manzaneda, os Xenerrais do Ulla e o Entroido de Cobres.

Feiraco segue así fiel ao seu compromiso coa cultura de Galicia, contribuíndo á súa difusión, e nesta ocasión apoiando ademais a artistas novos da comunidade, convertendo en lenzos as caixas de leite.

Durante a campaña sortearanse vasiños para levar, ilustrados tamén coas imaxes destes Entroidos realizadas polos tres artistas. Para conseguir un destes agasallos, cómpre subir a Instagram unha fotografía coa caixa que máis lles guste a cada un, etiquetar a @feiracolacteos e engadir o cancelo #entroidofeiraco.Así, todos os participantes entrarán nun sorteo.