Éxito da III Feira de Alimentación de Produtos Naturais, Ecolóxicos e de Proximidade de Pontevedra

 

Rotundo éxito da III edición da Feira de Alimentación de Produtos Naturais, Ecolóxicos e de Proximidade ‘O Mellor da Terra’, un evento concibido como un grande escaparate para darlles visibilidade a pequenos produtores da industria alimentaria que anualmente atrae milleiros de visitantes. A feira está consolidada como espazo de exhibición dunha amplísima gama de alimentos de calidade saudables, innovadores e diferenciados.