Estrea dunha máquina con capacidade para producir 800 filloas á hora

 

A Asociación Cultural da Filloa de Lestedo (Na Coruña) estreou o sábado, ná primeira edición da Festa da Filloíña e do Entroido da Filloa, unha nova máquina filloeira adquirida pola entidade coa colaboración coa Deputación da Coruña.

O deputado provincial Blas García acompañou ao presidente da Asociación Cultural da Filloa de Lestedo, Xosé Manuel Canabal, e ao alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, na posta en marcha desta nova máquina no local social de Lestedo.

Unha máquina con capacidade para facer 800 filloas á hora e que dende o sábado manexaron os veciños e veciñas que integran a Asociación Cultural da Filloa de Lestedo para ter todo listo para a tarde, coas primeiras edicións da Festa da Filloíña e do Entroido da Filloa. Os veciños e veciñas que integran a asociación explicáronlles aos integrantes da comitiva oficial a forma na que se cociñan as filloas de Lestedo, facendo fincapé non tanto na propia máquina como no saber facer das persoas e no uso dos ingredientes da contorna, como a auga do Pico Sacro.