O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, asistiu este xoves xunto ao Alcalde de Foz, Fran Cajoto, áo acto de entrega dos premios do Campionato Internacional de Baristas, que organiza o IES de Foz e que se celebra nas instalacións deste instituto coa participación de centros de Galicia, Asturias, País Vasco, Castela e León, e Madrid.
O alumno do IES Sanxillao de Lugo Pablo López Trashorras quedou en primeira posición; a segunda clasificada foi a alumna do CIFP Paseo das Pontes Isabel Touriñá Canosa; e, o terceiro, o alumno do CIFP Carlos Oroza, de Pontevedra, Jorge Domínguez Lorenzo.
García Pernas afirmou que dende a Deputación “apoiamos estas iniciativas que contribúen á profesionalización dun sector, o da hostalería, que é fundamental para a economía da comarca da Mariña e da provincia”.