Elvira Araújo presenta hoxe en Vigo o seu libro "Os meus doces pecados", unha viaxe pola repostería do mundo
Elvira Araújo presenta hoxe en Vigo o seu último libro, "Os meus doce pecados". O acto terá lugar ás 19 horas no Casino de Vigo e será presentado polo profesor Xesus Alonso Montero, contará con outras intervencións, música e degustación.
O libro é unha obra chea de doces tentacións que a autora recolleu nos seus múltiples viaxes polo mundo, sen esquecer os postres tradicionais do seu lugar de orixe.
A cita é gratuíta e para asistir só é preciso ser maior de idade. O evento está organizado polo centro de acollida do acto, o Casino de Vigo.