Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia para a creación e consolidación do produto turístico sustentable

O Consello da Xunta autorizou hoxe a subscrición dun convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia para a creación e consolidación do produto turístico sustentable da nosa Comunidade. Este convenio, con vixencia ata 2025, terá como finalidade establecer entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Clúster de Turismo de Galicia unha serie de liñas de actuación para o fortalecemento e difusión da oferta turística sustentable no sector turístico de Galicia. Este convenio, que terá vixencia ata o 31 de decembro de 2025 cunha achega de 333.000 euros este ano, 343.900 euros no ano 2024 e 354.800 euros no 2025, incluirá accións relacionadas coa comunicación, a elaboración e creación de produto así como o soporte para a súa comercialización.