O alcalde, José Crespo, presentou en Santiago de Compostela da LV Feira do Cocido, acompañado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; pola concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Lalín, Begoña Blanco, e polo cociñeiro Álex Iglesias que fixo unha degustación de cocido en directo.
Crespo afirmou que “a LV Feira do Cocido que celebraremos este domingo 12 de febreiro será a primeira edición que se celebre con normalidade e sen restricións dende 2020, sendo unha das poucas festas importantes que non perdeu ningunha edición, só se adiou”.
Destacou que “quixemos facer un esforzo especial a todos os niveis para que a Feira volva a coller un pulo importante despois deste dous anos atípicos”. “Un esforzo -fixo fincapé- que se traduce en ser unha edición moi mediática, xa que recuperamos a Gala do Cocido na que contaremos como actuacións destacables Omar Montes e Beret, entre outras; tamén Telecinco emitirá o seu informativo de mediodía do día 12 en directo dende a Praza da Igrexa, e na que contaremos cun pregoeiro de excepción como Pepe Ribagorda”.