Cinco estudos con premios internacionais, seleccionados para redactar os anteproxectos de rehabilitación de Santa Clara, en Pontevedra

 

Nieto Sobejano, Kengo Kuma, a UTE David Chipperfield-Carlos Seoane, Kaan, e a UTE Snohetta-Alfonso Penela son as cinco equipas de arquitectura que aspiran a facer o proxecto final para a rehabilitación e ampliación de Santa Clara para o seu uso como museo. Trátase de finalistas de “máximo nivel” que acumulan alomenos 77 premios de talla internacional e centos de obras executadas arredor de todo o mundo.

Os nomes dos estudos de arquitectura seleccionados foron comunicados onte pola presidenta Carmela Silva e o vicepresidente César Mosquera. “Pretendiamos un concurso de anteproxectos verdadeiramente internacional. Queriamos que viñeran as mellores equipas de arquitectura do mundo... Xa nos presentados se cumpliu, e nos seleccionados agora volve reproducirse”, dixo o responsable do Museo, quen para dar unha mostra do nivel existente salientou que a equipa responsable do Museo Memorial do 11S en Nova Iorque, do MoMa de San Francisco ou da Biblioteca de Alexandría, por exemplo, apenas quedou en quinto lugar na puntuación total do concurso. “Hai cousas espectaculares”, subliñou