Chegan a Vigo os "doces pecados" da repostería lusófona

 

"Os meus doces pecados" é o título do último libro da escritora Elvira Araújo, presentado recentemente en Vigo nun acto que foi presentado en Vigo polo profesor Alonso Montero e moderado polo director de HGT, Guillermo Campos.
A publicación é unha recopilación de receitas tradicionais portuguesas e dos países no que Portugal deixou a súa pegada ao longo da historia. O libro recolle distintos postres con selo luso e conta con receitas de diversos rincóns do mundo onde chegaron ou fixeron acto de presenza os veciños portugueses.
Elvira Araújo, tamén coñecida como "Neca", destaca polo seu estilo didáctico, tanto como escritora como na súa traxectoria profesional. Así o destacou Campos na súa intervención, que lembrou as dúas paixóns de "Neca": a cultural e gastronómica e o arte con flores. Campos falou da xenerosidade que caracteriza á autora do libro "Os meus doces pecados".
O profesor Alonso Montero tratou na súa presentación de temas culturais relacionados e fixo literatura comparada da materia.