Avance para a constitución dos plenos dos novas órganos de goberno de 15 consellos reguladores agroalimentarios tras as elecciones do domingo

A Xunta de Galicia, coa organización da xornada electoral do pasado 19 de febreiro, deu un paso decisivo no proceso de renovación dos órganos de goberno de 15 consellos reguladores do ámbito agroalimentario. Tal e como coñeceu onte o Consello da Xunta, nesa xornada votaron só parte dos inscritos en seis destas entidades, xa que houbera moitos censos nos cales se rexistraron candidaturas únicas e pactos de repartición. Mentres, noutros nove consellos reguladores nos cales se presentaron candidaturas únicas ou nos cales, habendo máis dunha candidatura, a totalidade das proclamadas chegaron a acordos de repartición de vogalías, o proceso de eleccións xa se deu por rematado. Así as cousas, pendentes de posibles reclamacións ás votacións que se poden presentar ata mañá -logo a Consellería do Medio Rural ten de prazo para resolver ata o 1 de marzo- quedaría establecida a repartición de vogalías nos 15 consellos reguladores chamados a renovarse. Deste xeito, entre o 27 de febreiro e o 10 de marzo poderán constituírse os 15 plenos e elixir as presidencias e vicepresidencias correspondentes.