As termas de Outariz, abertas de novo ao turismo tras baixar o caudal do río e completarse os traballos para a súa posta a punto

O Concello de Ourense reabre ao público dende hoxe, as termas públicas e gratuítas de Outariz, toda vez que xa baixou o caudal do río Miño e remataron os traballos necesarios para a súa posta a punto logo das últimas inundacións. O horario de apertura será o habitual, continuado de 10 a 20 horas. As termas do Muíño tamén reabrirán proximamente.