Agradecemento de Compostela á secretaria de Estado de Turismo o apoio á cidade para manter do patrimonio

 

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, deu á benvida na praza do Obradoiro á secretaria de Estado de Turismo, Rosana Morillo, na súa primeira visita á cidade, acompañada polo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones. Os mandatarios visitaron os Hostal dos Reis Católicos e o Pazo de Raxoi, cuxas obras de restauración reciben fondos procedentes da administración central.

O rexedor agradeceu a visita da secretaria de Estado, que "pon de manifesto o papel que xogamos as cidades históricas na imaxe de España no resto do mundo a nivel turístico". Sinalou Sánchez Bugallo que "en Santiago xúntanse as facetas histórica, cultural, relixiosa….a tradición e os camiños son unha referencia mundial dunha maneira distinta de facer turismo, dun turismo respectuoso co patrimonio, co medio ambiente e coas persoas", engadiu.