A Feira do Butelo repartiu esta fin de semana 10.000 quilos de carne na Fonsagrada, un festín gastronómico no que se recoñeceu o labor de 13 mulleres e un home veciños do municipio que durante a pandemia aportaron voluntariamente o seu traballo para elaborar máscaras de protección fronte ao Covid, chegando a confeccionar ata 5.000 cubrebocas.
Varias autoridades participaron nesta cita, entre eles o presidente da Deputación, José Tomé Roca, e o alcalde do municipio, Carlos López López. O titular do ente provincial manifestou que O Butelo de Ouro se entregou con "tanto merecemento". "As veces esquécenos que as persoas máis excepcionais e con máis talento son os veciños e veciñas que viven preto de nós", subliñou.