A edición 2023 da Arribada será a máis virtual da historia con visitas en liña en directo

 

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Turismo, vai lanzar o vindeiro sábado 4 de marzo coincidindo coa celebración da Festa da Arribada 2023, unha nova campaña de promoción turística dixital que incorpora como principal novidade circuítos virtuais en directo pola XXVII celebración da Festa de Interese Turístico Internacional baionesa. Todo iso co fin de abrirse aos mercados internacionais que se consideran prioritarios polo volume de turistas que poden achegar a Baiona e o seu potencial de crecemento.

Utilizando como principal ferramenta o márketing virtual en vivo con visitas virtuais en directo, con esta iniciativa preténdese atraer á Real Villa novos viaxeiros internacionais e tamén nacionais coa finalidade de que logo visiten presencialmente o destino.