A Denominación de Orixe Monterrei, nominada aos premios Verema 2022


A Denominación de Orixe Monterrei acaba de ser nominada aos premios Verema 2022 na categoría de Mellor Consello Regulador de Viño.

Os interesados en participar na votación poden facelo entrando neste enlace e facer clic na categoría Mellor Consello Regulador da Denominación de Orixe de viño do ano 2022, a categoría 16. Logo deberán optar pola marca Monterrei e finalizar o proceso.

Os participantes optarán ao sorteo dunha entrada para asistir á Experiencia Verema Valencia 2022.

O proceso de elección vía web está aberto hasta este domingo.