A cidade de Ourense prepárase para celebrar “o mellor Entroido da historia”, cunha decidida aposta por consolidarse como “a capital da festa no Norte de España”
A cidade de Ourense prepárase para celebrar “o mellor Entroido da súa historia”. Así o asegurou o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, que esta mañá presentou, xunto aos organizadores dos entroidos das Eiroás, de Seixalbo e da Ponte, a programación de actividades organizadas polo Concello para “a grande festa da cidade”.
Pérez Jácome puxo en valor a importancia e potencial da cidade na celebración desta festa: “Ourense é capital do Entroido en todo o Norte de España”, asegurou, avanzando que o de 2023 “vai ser un Entroido espectacular. O do ano 2022 foi o mellor da historia, e o de 2023 vai ser aínda mellor”.