A Catedral de Santiago e a Xunta colaborarán de novo na atención ao peregrino e reforzarán a seguridade
O Consello da Xunta autorizou onte a renovación de senllos convenios con Fundación Catedral e S.A.M.I Catedral por importe de 1 millón de euros O Consello da Xunta autorizou hoxe a sinatura de senllos convenios de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia coa Fundación Catedral e a S.A.M.I. Catedral de Santiago de Compostela para apoio e reforzo de seguridade do Complexo Catedralicio e para a mellora da atención aos peregrinos e visitantes no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino. Ambos convenios suporán un investimento de 1 millón de euros. O Goberno galego destinará este ano 730.231 euros para o reforzo do persoal de seguridade destinado tanto á Catedral de Santiago como á Oficina de Atención ao Peregrino do Centro Internacional de Acollida.