Vilamar celebrou o sábado a súa XI Festa dos Callos

 

Vilamar, no Concello de Barreiros (Lugo), celebrou o sábado XI Festa dos Callos de Vilamar, no concello de Barreiros. A Deputación colaborou con esta cita anual que serve para recadar fondos para as festas patronais e que reuniu a máis de 300 persoas desta parroquia e do municipio mariñán. Os asistentes degustaron os callos e costela asada con pementos e patacas.