Vigo volveu a emocionar na Feira Internacional de Turismo coa súa proposta para o ano 2023. No stand de TurEspaña, nun acto presentado pola xornalista de Radio Vigo Paula Montes e conducido polo xornalista Rodolfo Irago, Abel Caballero amosou o orgullo de cidade ante o éxito do Nadal, que atraeu a tres millóns de visitantes a Vigo en dous meses.
O alcalde dixo que Vigo encabeza a liga de luces de Nadal que existe entre New York, London, París e Roma. “Vigo irrompeu e é a felicidade e a ilusión”, afirmou. Caballero relatou que o Nadal é unha cultura que encontrou a forma de abrigarse na ría de Vigo coa marabilla das luces: “A xente que vén é unha entusiasta”.