O Nadal de Vigo apagou os 11 millóns de luces led ás 20:00 da tarde do domingo 15 de xaneiro, nun acto no que o alcalde estableceu que "rematou o Nadal, pero xa empezamos a conta atrás dunha nova edición, que comezará o próximo mes de novembro, que vai ser marabillosa, e xa digo desde aquí á xente de toda Galicia, España e do mundo que vaian reservando billete para vir á cidade”.
Na rolda de prensa matinal de hoxe, o alcalde sinalou que cos primeiros datos que manexa, a falta das cifras definitivas, “batemos récords, con niveis de ocupación moi por enriba dos niveis máis elevados que houbo nunca na historia”.