Un investimento de 400.000 euros levará a luz eléctrica ao Mosteiro de Carboeiro



Un investimento de 400.000 euros cumprirá unha demanda histórica: a dotación de luz ao Mosteiro de Carboeiro. Será a Deputación de Pontevedra a institución que correrá co gasto, que suporá un paso enorme cara ás posibilidades de potenciar aínda máis un dos elementos patrimoniais máis relevantes de Galicia.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, mostrou a súa satisfacción por poder confirmar unha nova tan salientable para Carboeiro e lembrou que “o concello de Silleda leva anos intentando facer que chegue a iluminación a esta xoia da provincia de Pontevedra situada no corazón da comarca de Deza”.

Silva destacou que ten Carboeiro ten "un enorme poder de captación, atraendo miles de persoas, e con esta iluminación poderanse facer multitude de actividades culturais, tamén nocturnas, nun lugar máxico que aumentará esa atracción que xa ten agora”.