Sanxenxo disporá por terceiro ano consecutivo cun espazo propio no stand de Turismo en Galicia en FITUR

 

Sanxenxo disporá, por terceiro ano consecutivo, cun espazo propio no stand de Turismo de Galicia no que se elixiu como imaxe unha fotografía aérea de Punta Vicaño coa praia de Silgar ao fondo e desde onde se pode apreciar a localización do municipio na Ría de Pontevedra. Ademais, contará á entrada do pavillón con dous prismas con imaxes do Pazo de Quintáns, a contorna da ermida da Lanzada e deportes náuticos.

O destino turístico líder no norte de España acudirá á cita cun novo folleto que pon en valor as grandes posibilidades náuticas coas que gozar da ría en calquera momento do ano. Todo iso sen esquecer a súa tradición pesqueira arraigada á súa excelente gastronomía. O novo material promocional segue a liña dos tres anteriores dedicados ao patrimonio, paisaxe e praias que se presentaron en FITUR na edición pasada.