O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Raimil, encargaranse de presentar hoxe ás 11:30 horas no stand de Galicia, unha nova páxina web baixo o nome de 'SantiagoNow' concebida para que os visitantes poidan consultar a través do seu teléfono, dun modo sinxelo e áxil, información concreta sobre que facer o propio día en Santiago. Esta ferramento pretende dar unha resposta rápida ás preguntas máis repetidas nas oficinas de información da cidade, onde se atenden unhas 200.000 persoas ao ano, ofrecendo información actualizada sobre visitas e tours turísticos, actividades culturais ou de ocio, ou dispoñibilidade de prazas de aloxamiento no mesmo día.
Na xornada de mañá, o alcalde e o concelleiro Sindo Guinarte tamén aproveitarán a súa presenza en FITUR para asistir á presentación do Ano Picasso, que terá lugar ás 16:00 h no stand de Turespaña e que contará coa presenza do ministro de Cultura e Deporte, Miquel Iceta.