Sánchez Bugallo reitera o compromiso de lanzar un plan de investimentos ao abeiro da aprobación do Plan Especial do Camiño Francés

O alcalde de Santiago demandou un "esforzo conxunto" para sacar adiante o Plan Especial do Camiño Francés (PE-3) e reiterou o seu compromiso de lanzar un plan de investimentos vinculado a este plan.

O alcalde recordou que "a aprobación deste Plan permitirá a declaración de Área de Rehabilitación Integral, coa que a veciñanza se poderá acoller a axudas e subvencións" e comprometeuse a crear unha comisión estable para avaliar as alegacións que se presenten e un plan de investimentos vinculado ao PE-3.